evento | Población
23.03.2024-23.03.2024 21:00:00

The Rapants

Imagen de 81460

A presentación ao vivo do esperado terceiro álbum de The Rapants xa ten data: a banda muradá dará a coñecer os temas que conforman La máquina del buen rollo o sábado 23 de marzo na Sala Capitol de Compostela.

The Rapants iniciou 2024 coa publicación de Blaster W4u, o primeiro avance das novas creacións que o grupo presentará ao vivo nos seus divertidos e talentosos directos, dos que deron boa conta o pasado verán nos principais eventos de Galicia co seu segundo LP, nomeado O corasón como un after e que inclúe temas como La favorita ou O avión.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357