noticias | Población
03.08.2023

A Real Filharmonía de Galicia selecciona un/unha director/a asistente para o ano 2024

A Real Filharmonía de Galicia abre un proceso de selección para a posterior contratación dun/dunha director/a asistente para o ano 2024. Ofrécese unha experiencia formativa en todos os aspectos prácticos do mundo musical profesional (dirección, programación, formación, relación con outras institucións artísticas�). A persoa seleccionada gozará dunha oportunidade para profundar e impulsar a súa carreira coma director/a profesional, baixo a mentoría do director artístico e titular da RFG, Baldur Brönnimann.
Imagen de N22657
As persoas interesadas poderán facer a inscrición para este proceso, a través da plataforma MUVAC, ata o día 17 de setembro.

O proceso de selección realizarase de forma presencial no Auditorio de Galicia do 4 ao 7 de decembro. Na páxina web da RFG poden consultarse os detalles deste proceso.

A Real Filharmonía de Galicia é unha das institucións culturais de referencia en Galicia, levando a música clásica arredor de toda Galicia e a un amplo abano de persoas. Entre os seus valores fundamentais atópanse a inclusión social, a excelencia artística, o apoio á expresión musical contemporánea e a formación e o apoio ás futuras xeracións de novos profesionais da música.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357