Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2023-24
A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa nova temporada, a primeira con Baldur Brönnimann como director artístico e titular, que levará por título 'Migracións'.
A través deste fío argumental proporase que a música actúe coma un espello da realidade. Por iso, a diversidade estará moi presente ao longo de toda a programación: atoparase música de herdanza africana (das compositoras Florence Price ou Hanna Kendall) ou chinesa (coa obra de Huang Ruo The Colour Yellow for Sheng and Orchestra); propostas de épocas e estéticas moi diferentes, desde compositores das Cortes Reais como Boccherini ou Brunetti ata obras de Bach, Haydn, Schubert... ata chegar a Cage ou Mazzoli.