noticias | Población
27.07.2023

Retransmisión do Pleno ordinario do 27 de xullo

10.00 h<br />Pleno ordinario<br />Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Imagen de N22642
1. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2023/00032163J.
Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023-REC-06.
Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito, baixo a codificación 2023-REC-06.
3. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023-REC-07.
Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito, baixo a codificación 2023-REC-07.
4. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023-REC-08.
Aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito, baixo a codificación 2023-REC-08.
5. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00030956W.
Aprobación de expediente de crédito extraordinario 2023-CREXT-05, de importe 124.993,00 �, e de suplemento de crédito 2023-SUPLE-05, de importe 387.818,00 �, financiados coa aplicación dunha parte do saldo do RLTGX 2022.
6. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00030973L.
Aprobación de expediente de modificación do orzamento municipal do exercicio 2023 para aprobar unha nova subvención nominativa a favor da entidade "Cruz Roja Española", de importe 100.000,00 �, con base na subvención concedida pola Deputación Provincial da Coruña no marco do programa POS+ Adicional 1/2023 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2023.
7. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00031201V.
Aprobar a modificación da Base 40ª.B das Bases de Execución do Orzamento 2022 prorrogadas ao exercicio 2023.
8. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2023/00031081N.
Aprobación do expediente de modificación orzamentaria de suplemento de crédito 2023-SUPLE-01 do Auditorio de Galicia.
9. TESOURERÍA. Referencia: 2023/00005369S.
Delegación na Deputación Provincial da Coruña a recadación executiva das sancións municipais por infraccións que se deduzan da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a motor e Seguridade Vial, e das Ordenanzas Municipais sobre tráfico vial, e sobre ordenación e regulación de aparcamento e aparcamento de residentes.
10. Proposición presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE para rexeitar a censura no mundo da cultura e manifestar o seu compromiso coa liberdade de expresión e artística.
11. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a elaboración dun Plan estratéxico municipal de voluntariado.
12. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a creación dunha residencia para persoas con discapacidade gravemente afectadas.
13. Proposición presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE para a ratificación da cesión da Casa da Xuventude á Deputación Provincial.
14. Tomar coñecemento dos escritos presentados polos grupos políticos municipais de designación de representantes nas distintas comisións.
15. Tomar coñecemento de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.

Rogos, preguntas e interpelacións.
Preguntas orais:
1. Presentada polo PP sobre as illas de recollida de residuos que se colocan no casco histórico.
2. Presentada polo PP sobre a actividade de aparcamentos irregulares que se desenvolven na Lavacolla.

Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1. Presentada polo PSdeG-PSOE para a ratificación da Corporación Municipal dos acordos acadados no Foro Cívico a prol da defensa dos intereses xerais de Santiago de Compostela.
2. Presentada polo PSdeG-PSOE relativa á solicitude de traslado da farmacia de Marrozos ao Outeiro do Castiñeiriño.
3. Presentada polo PSdeG-PSOE para a creación de apartamentos de alugueiro para estudantes en colaboración coa Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago.
4. Presentada polo PP para a elaboración e tramitación dun regulamento de usos de espazos emblemáticos da cidade.
5. Presentada polo PP para a organización de actividades culturais na honra de Francisco Asorey con motivo do día das artes galegas 2024.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357