evento | Población
24.03.2023-27.03.2023

Romaría de San Lázaro – Festa da Uña

Imagen de 72843

Do 24 ao 27 de marzo de 2023 

Barrio de San Lázaro 

Coincidindo co Quinto Domingo de Coresma, tamén chamado 'Domingo de Lázaro' ou 'Domingo de Paixón', que dá paso á Semana Santa co Domingo de Ramos, o compostelán Barrio de San Lázaro celebra durante catro xornadas unha das súas festas relixiosas e gastronómicas máis tradicionais, a 'Festa da Uña'.

A festa inclúe cada ano diversos oficios relixiosos en honra a San Lázaro e a tradicional romaría na que se celebra a gran poxa de pezuñas e outras pezas de porco ofrecidas ao santo.

Centenares de veciños reúnense cada ano durante eses días nos restaurantes de todo o barrio, situado no Camiño Francés, para degustar o tradicional prato da 'Festa da Uña': uñas de porco con bertóns de col (servidas habitualmente con chourizo e patacas) e gozar dunha das celebracións máis antigas da cidade.

PROGRAMA FESTIVO

Venres 24 de marzo

16:45. Roteiro comentado por San Lázaro (organiza a Asociación Cultural O Galo)


Sábado 25 marzo

8:00-13:00. Pasarrúas Os Enxebres de San Lázaro
11:00. Charanga Fanfurria Furruxa
14:00. Sesión vermú con Mar de Arousa
22:00. Verbena con Mar de Arousa + Orquestra Fórmula

Domingo 26 marzo

Día de Foliada, na honra dos músicos Bartolo, Pascual e Antonio "o Petelo"
8:00-13:00. Pasarrúas Os Enxebres de San Lázaro
11:00-15:00. Sesión vermú coa Charanga BB+
12:30. Procesión e misa solemne
18:00. D Ningures + Banda das Crechas + Jorge Menéndez Cuartet

Luns 27 marzo 

11:30. TRADICIONAL POXA DAS UÑAS
13:00. Actuación da Banda Municipal de Música
23:00. Verbena coa Orquestra París de Noia

 

ONDE COMER AS UÑAS DE SAN LÁZARO

BARRIO DE SAN LÁZARO:

CARPA DA PRAZA DA IGREXA - Pulpería Guerra
Só o domingo

A CASA DA VIÑA
Rúa de San Lázaro, 54. T: 981 58 64 59
Venres e sábado, 13:30 a 15:30 e 21:00 a 23:30
Domingo e luns, 13:30 a 15:30
Menú: Uñas, bertóns, patacas e chourizo

A GRELLA
Rúa do Vintecinco de Xullo, 35. T: 981 58 02 66
Venres, sábado, domingo e luns, 13:30 a 16:00 e 20:30 a 00:00
Menú: Uñas con patacas, bertóns e chourizo

A TABERNA DE SAN LÁZARO
Rúa de San Lázaro, 96. T: 881 940 385
Menú: Uñas, bertóns, patacas e chourizo

DOÑA ANA
Rúa de San Lázaro, 85. T: 981 93 53 44 - 698 10 85 69
Venres, sábado e luns, 12:30 a 17:00 e 20:30 a 00:00
Domingo, 12:30 a 17:00
Menú: Uña con codillo, chourizo, pataca e bertóns

DOÑA JULIA
Rúa de San Lázaro, 92. T: 981 67 06 39
Sábado, domingo e luns

LA BODEGUILLA DE SAN LÁZARO
Rúa de San Lázaro, 104. T: 981 56 66 07
Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 16:00 e 20:00 a 23:00
Menú: Ración de uñas con bertóns, patacas e chourizos

LA FINCA
Rúa de San Lázaro, 103. T: 981 58 03 61 – 629 88 55 38
Sábado e luns: 13:00 a 16:00 e 20:00 a 23:00
Venres: só *por encargo*
Menú: Uña de porco, chourizo, patacas e bertóns

MESÓN DE LÁZARO
Rúa de San Lázaro, 73. T: 981 57 65 25

MOL BAR
Rúa de San Lázaro, 102. T: 655 09 83 36

O AFIADOR
Rúa do Valiño, 2. T: 981 57 37 89
Venres, sábado, domingo e luns

O MUIÑEIRO
Rúa da Muíña, 2. T: 881 03 12 11
Venres, sábado, domingo e luns
Menú: Uñas, bertóns, patacas, chourizo

O TANGUEIRO
Ponte de San Lázaro, 10. T: 644 64 92 07
Domingo e luns, 13:00 a 17:00 e 20:00 a 23:30
Menú: Uñas, bertóns, patacas, chourizo

PEDRA SANTA
Costa de San Marcos, 18. T: 981 55 74 15
Venres, sábado, luns e martes, 13:00 a 16:00 e 21:00 a 23:00
Menú: Uñas, bertóns, patacas e chourizos

SAN LÁZARO
Rúa do Valiño, 1. T: 981 58 43 44
Menú: Uñas con patacas, bertóns e chourizo

OUTROS BARRIOS:

SUSOS
Costa de San Marcos, 22. T: 672 70 55 51
Venres, 13:00 a 16:00 e 20:30 a 23:00
Sábado e luns, 13:00 a 16,30 e 20:00 a 23:30
Menú: Uña con codillo, bertóns, patacas e chourizo

O LABRADOR
Costa de San Marcos, 38. T: 981 58 08 07
Sábado e luns, 13:00 a 16:00 e 20:30 a 00:00
Menú: Ración de uñas con bertóns, patacas e chourizos

NEGREIRA
Avenida de San Marcos 4. T: 881 03 18 91
Menú: Uñas con patacas, bertóns e chourizo

A CALZADA
Rúa de San Marcos, 52. T: 981 57 14 33
Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 16:00 e 20:0 a 23:00
Menú *por encargo*: Uñas, chourizo, pataca, bertóns/grelos
 
TABERNA DA FEIRA
Salgueiriños, 24. T: 981 93 84 00
Venres, sábado, domingo e luns, 12:30 a 16:00 e 20:00 a 00:00
Menú: Ración de uñas de San Lázaro (uña, chourizo, bertóns e patacas)

DON QUIJOTE
Rúa das Galeras, 20. T: 981 58 68 59
Venres, sábado, domingo e luns, 12:00 a 16:00 e 20:00 a  23.30
Menú: Uña, codillo, bertóns, chourizo e patacas

O BO XANTAR
Rúa Torreira, 18. T: 981 94 30 78
Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 16:00 e 21:00 a 23:30
Menú: Ración de uñas con chourizo, bertóns

A NAVE DE VIDÁN
Avenida da Mestra Victoria Míguez, 44. T: 616 99 60 76
Sábado, 13:00 a 16:00 e 21:00 a 00:00
Domingo e luns, 13:00 a 16:30 e 20:00 a 22:30
Menú: Uñas, bertóns, pataca e chourizo

RUTA JACOBEA
Lavacolla, 41. T: 981 88 82 11
Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 17:00 e 20:00 a 00:00
Menú: Uñas de San Lázaro con bertóns

ULTREIA
Lugar de Noval, 45. T: 981 89 70 79
Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 16:00 e 20:00 a 00:00
Menú: Uñas de San Lázaro

PAZ NOGUEIRA
Rúa do Castiñeiriño, 14. T: 981 59 14 36
Menú: Uñas de San Lázaro

REDES
Rúa dos Bautizados, 7. T: 620 91 43 46
Venres, sábado, domingo
Menú: Uñas de San Lázaro, bertóns, pataca, chourizo

SABUGUEIRA
Rúa Noval, 10 Lavacolla. T: 981 897 344/ 674 644 141
Sábado, domingo, luns (xantar e cea)
Menú: Uñas de San Lázaro, bertóns, patacas e chourizo


(NOTA: Información recompilada por Turismo de Santiago coa colaboración da Asociación Gastronómica Cultural “Orde da Uña”.  Se o teu bar/restaurante debería aparecer no listado, por favor contacta con marketing@santiagoturismo.com)

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357