Ruxe Ruxe
O grupo naceu en Aríns en 1996 con catro amigos do instituto, tres dos cales (Xan Pericán, Xaco Barona e Vituco Neira) conforman agora o núcleo veterano da banda. En 1999 sacaron o seu primeiro disco, de título homónimo. Ademais de 13 LP’s, teñen varios EP’s, unha banda sonora, unha curtametraxe, un documental sobre o grupo e incontables colaboracións.
O seu 25 aniversario celebrouse cunha exposición que recolleu o universo gráfico do grupo, protagonizada por algúns dos deseñadores máis influentes da nosa historia recente. Ao mesmo tempo 32 bandas galegas rendéronlles homenaxe coa gravación do disco tributo “25 anos ruxindo”.