evento | Población
22.03.2024-31.03.2024

Semana Santa 2024

Imagen de 80383

A primavera entra en Santiago de Compostela acompañada polas impresionantes procesións de Semana Santa. Os magníficos escenarios arquitectónicos da cidade histórica outorgan á conmemoración da Paixón de Cristo un esplendor único e unha solemnidade particular, que a distingue sen dúbida da doutras localidades de España.

Once irmandades compostelás percorren a cidade histórica, acompañadas polo son ferinte das cornetas e polo ritmo grave dos tambores, cuxo eco replican as rúas de pedra. Os ollos álzanse cara aos capirotes e cara ás cruces procesionais e os pasos, que case chegan a rozar balcóns e gárgolas, mentres as procesións avanzan cortando a néboa na noite.

A Semana Santa compostelá conta, ademais, cun programa de concertos de órgano nalgunhas das principais igrexas monumentais da cidade para ofrecer un enriquecedor percorrido pola música sacra e espiritual. E é tamén o tempo de penetrar na intimidade das igrexas e conventos. Únete á Semana Santa de Santiago de Compostela e "apaixóate" pola cidade.

+Info: 

Procesións:
https://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/calendario-completo-procesiones-semana-santa-2024

Culto e Liturxia: 
https://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/culto-y-liturgia-2024

Visitas Recomendadas:
https://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/semana-santa-2024-visitas-recomendadas

De Lugares e Órganos:
https://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/de-lugares-e-rganos-2024

Xunta de Confrarías:
http://www.semanasantasantiago.es/

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357