Bombeiros. Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento
Presta auxilio nos sinistros ou emerxencia, participando nos seguintes sucesos:
- Extinción de incendios.
- Achiques de auga.
- Rescate de persoas en accidentes de tráfico.
- Escapes de gas.
- Desconexións de alarmas.
- Retirada de obxectos perigosos da vía pública.
- Apertura de portas.
Asemade, realiza actividades tendentes á prevención e orientación para actuacións no caso de producirse sinistros ou emerxencias do ámbito da súa competencia: imparten charlas sobre prevención de incendios e fan simulacros de evacuación en colexios e equipamentos colectivos.
981 542 444 / 080 (emerxencias)
Avenida de Rodríguez de Viguri, 45