Fundación Centro Galego do Vidro

É unha fundación de interese galego constituída, por tempo indefinido, pola Universidade de Santiago, Arenas Santa Comba S.L., Ilión Grupo Creativo S.L. e á que se adheriron o Concello de Santiago e a Fundación ONCE.

O obxecto ou fin xenérico da fundación é a promoción, desenvolvemento, ensinanza, investigación e difusión da artesanía e historia do vidro, a súa fabricación artística e demais actividades culturais e científicas relacionadas coa técnica do vidro.

O domicilio social é na unidade de soprado de vidro da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Sur. Estrada San Lourenzo-Vidán en Santiago de Compostela).

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357