evento
22.11.2022-18.02.2023

Soño de navegante. Colección de Arte Cubano Contemporáneo Luciano Méndez Sánchez

Imagen de 80118

A partir da revisión dos fondos da Colección de Arte Cubana Contemporánea Luciano Méndez Sánchez, a exposición Soño de Navegante convida a realizar un percorrido pola arte cubana contemporánea do últimos cincuenta anos; transitando por diferentes temáticas, estilos, soportes e autores que se converteron en imprescindibles dentro do escenario plástico da Illa. A diversidade e riqueza nesta Colección tradúcense na pluralidade coa que se relata a historia pasada e presente: a través da esencia das raíces, da revisitación do "eu", do soño, e da propia viaxe que supón a identidade.

Entrelazadas por unha historia común, un tronco orixinario do cal, mesturado con outras raíces xurdiron ramas de singularidade excepcional, a cultura cubana e a española posúen numerosos elementos en común. A idiosincrasia, moitas das tradicións, vocábulos, refráns e maneiras de ver a vida, son o froito do fluxo constante entre unha terra e a outra, que durante séculos, fraguou a relación entre estes dous países.

+ INFO

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357