Soños

Escrito por Fernando Epelde e dirixido por Tamara Canosa a partir de conversas con educadores sociais e mozos tutelados, neste espectáculo Anxo Outumuro e Sara Ferro danlles vida a dous destes rapaces, acompañados en escena pola súa educadora, interpretada por Victoria Pérez.
Durante a representación, abriranlle ao público tanto as portas da súa vivenda tutelada como dos seus soños, contrapoñéndoos ao do resto dos adolescentes.
A función de Soños no Salón Teatro, de entrada por convite, marcará o inicio do percorrido desta montaxe por Galicia, con especial atención ao público mozo que está a estudar ESO e Bacharelato.