Emprego

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Este servizo, a través da Axencia Local de Colocación, ten como obxectivo a dinamización do mercado de traballo local, a través da promoción de oportunidades e capacidades para a inserción de desempregados e a intermediación laboral.

Na Axencia Local de Colocación préstanse distintos servizos e programas de apoio ao emprego: colocación, orientación laboral, axuda á busca de emprego, recrutamento, selección e formación para o emprego.
 

Comercio

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Neste servizo impúlsanse actuacións para mellorar a oferta comercial de Santiago e para promocionar o comercio como elemento vertebrador da vida social e económica da cidade, a través de políticas activas de apoio ao comercio, de impulso do asociacionismo comercial, do aumento da súa competitividade e de mellora do contexto urbano.
 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357