evento | Población
01.10.2014-05.06.2015 21:00:00

Temporada de abono do Auditorio de Galicia

Imagen de 32684

De outubro a junio, a Real Filharmonía de Galicia e outras orquestras españolas e internacionais ofrecen no Auditorio de Galicia pretode 30 concertos, con máis de 100 pezas musicais e medio cento de directores e solistas invitados.

Grandes obras sinfónicas, corais e operísticas; estreas de autores galegos e concertos como o de Nadal ou o de Reis súmanse aos concertos familiares, os didácticos, ao ciclo de piano, ao ciclo de cámara e aos ensaios abertos ao público.

Fundada en 1996, a orquestra da cidade é hoxe unha formación con 52 músicos, tres directores -Paul Daniel, Antoni Ros Marbà e Maximino Zumalave-, unha excelente crítica nacional e internacional, unha produción de 9 traballos discográficos, un nutrido currículo de xiras e un intenso calendario paralelo á temporada, que inclúe o ciclo de cámara Música na Compañía e a Escola de Altos Estudos Musicais para a formación dos futuros músicos galegos.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357