evento | Población
11.07.2023-07.01.2024

Traballo en equipo. Unha historia posible do CGAC

Imagen de 80672

O proxecto Traballo en equipo articúlase en dúas exposicións complementarias pero independentes. Por unha banda, o edificio deseñado polo arquitecto portugués Álvaro Siza Vieira albergará a mostra titulada Unha historia posible do CGAC, que se expón como un percorrido polas exposicións, actividades e publicacións promovidas polo centro desde a súa creación. Todo iso a través dos fitos e pezas singulares que, ao longo de tres décadas, foron marcando a súa historia e, paralelamente, a evolución do contexto artístico en Galicia. Doutra banda, nos espazos do Museo Gaiás, obra de Peter Eisenman, a mostra Relatos contemporáneos desde a Colección CGAC propón unha abordaxe temática do presente a partir dos fondos da colección do centro compostelán.

Ao longo destes trinta anos, o CGAC foise achegando progresivamente á idea de museo, sen deixar de ser un centro de arte. Paralelamente, o concepto de museo foi cambiando e evolucionando cara a modelos máis experimentais, dinámicos e participativos, centrados na produción e na construción de coleccións complexas con capacidade de xerar novos relatos que animen o debate público.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357