evento | Población
19.10.2023-27.01.2024

Un rastro de furia e algas

Imagen de 81036

A subida dos océanos, a estratificación dos plásticos e o aumento das temperaturas non son casualidades históricas, senón consecuencia directa dun sistema produtivo que cabería transformar se se quere evitar unha extinción prematura. Aínda que esta reflexión se remonta ao século pasado, a primeira xeración en padecer o que se coñece como 'ansiedade climática' foi a millenial, integrada polas persoas nacidas entre 1980 e 1996.

Nas obras expostas apréciase, entre outras cousas, a denuncia das debilidades e as irresponsabilidades do sistema produtivo, a crítica dos marcos antropocéntricos que determinan a nosa relación co mundo e a supervivencia da vida nas ruínas do capitalismo.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357