Unha ollada á evolución da linguaxe
A capacidade de pensamento simbólico e de linguaxe son dúas habilidades exclusivas dos Homo sapiens, os humanos modernos. O estudo do seu desenvolvemento evolutivo ao longo dos últimos dous millóns de anos é un dos maiores problemas aos que se enfronta a ciencia actual, un reto de enorme interese xa que a linguaxe é a característica máis extraordinaria da natureza humana, unha ferramenta para elaborar pensamentos complexos e para transmitir información dunha mente a outra que non existe en ningún outro ser vivo coñecido.
Curriculum
Xurxo Mariño é Doctor en Ciencias Biolóxicas, profesor do Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas da Universidade da Coruña . Colaborou co Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), onde realizou as súas investigacións de posdoutoramento. Realiza actividades de divulgación do coñecemento científico e humanístico en todo tipo de formatos.