Verbas de Paleta
A mostra, ten como principal motivación, render homenaxe e ponderar a figura feminina.
É unha conxugación de obras pictóricas y obras literarias en forma de poesía. Esta dualidade artística es a orixe do título de esta exposición.
Os cadros, todos de formato alargado en vertical, pertencen á serie ELA, e na súa elaboración, a artista Carmen Sampedro utiliza só tres cores: branco, negro e vermello, que aportan á obra un plus de forza, á vez que o vermello acentúa a súa paixón inherente a esta serie. Moitas das estilizadas figuras adoptan actitudes danzantes, como unha coreografía interrompida pola imaxe fixada no liño.
Doutra banda, a poesía, en primeira persoa, fala dos avatares da vida, dos sentimentos máis íntimos da autora, do que hoxe se coñece como "empoderamento feminino". Dúas das poesías que aquí se mostran conseguiron o Primeiro e Segundo Premio nas edicións de 2019 e 2022 no Certame "Cores con palabras" en A Estrada (Pontevedra).