A viaxe
Di a RAE que “viaxe” é a “Acción e efecto de viaxar” ou o “Traslado que se fai dunha parte a outra por aire, mar ou terra.” “A viaxe “ representa máis que un mero desprazamento durante unhas datas determinadas. Significa tamén unha travesía a nivel interior, de autocoñocemento e observación. Así mesmo, o camiño andado nunha traxectoria de debuxo que foi evolucionando ao largo dos anos e etapas. Aquí englóbanse aquelas viaxes onde espazos alleos tórnanse familiares durante un período de tempo, contornas que durante viaxes e paseos captan a atención e curiosidade, algúns se converten en casa. Acompañantes e espontáneos durante esa travesía, así como puntos de interese que ás veces fan deter a mirada curiosa ou introspectiva.