noticias
|
Población
13.06.2022
Visita institucional do presidente do Senado, Ander Gil
O alcalde Xosé Sánchez Bugallo, acompañado por representantes dos grupos municipais, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi o presidente do Senado de España, Ander Gil García, no marco da súa visita oficial a Galicia.
No marco da súa viaxe a Galicia, Ander Gil reuniuse esta mañá no Pazo de Raxoi co alcalde compostelán e os voceiros dos grupos municipais Sindo Guinarte (PSOE), José Antonio Constenla (PP), María Rozas (CA) e Goretti Sanmartín (BNG). Durante a recepción, o presidente do Senado asinou no Libro de Honra do Concello de Santiago e fíxose un intercambio de agasallos institucionais.
O presidente do Senado aproveitou tamén a súa estadía en Compostela para manter diferentes encontros no Parlamento de Galicia e na Xunta.
O presidente do Senado aproveitou tamén a súa estadía en Compostela para manter diferentes encontros no Parlamento de Galicia e na Xunta.