evento | Población
30.09.2023-30.09.2023 14:00:00

A Voltas co Baile

Imagen de 80973

O sábado 30 de setembro retomamos a actividade "A voltas co baile" para reflexionar sobre o sentido de comunidade nos espazos e prácticas nas que se desenvolve.

Programa:


10h30-11h30. Relatorio. Ao coidado do patrimonio inmaterial. Repensando a música e o baile tradicionais como bens mancomunados. Con Xulia Feixoo.

11h45-12h45. Relatorio. Arredor do patrimonio cultural inmaterial colectivo. Viaxe a unha declaración BIC. Con Beatriz Busto Miramontes.

13h-14h. Mesa redonda. Foliada, ruada, serán... O encontro da comunidade a través do baile. Contaremos con Adrián Méndez pola Foliada da Fonsagrada, Chus Caramés polos Encontros de música tradicional de Carboeiro (Silleda) e Lucinda Barcia e Monserrat Alvariño Barcia polo Serán dos Namorados (Toutón, Mondariz).

14h-20h. FOLIADA. No xardín da ala sur do Museo e co-organizada coa AVV A Xuntanza e o grupo das Festas do Barrio de S. Pedro.

Será formato romaría, así que convidámosvos a que traiades o xantar e os vosos ecovasos, xa que haberá barra para bebida. Abrirá a foliada o grupo Canta madeira do barrio de San Pedro. 

Inscricións para a xornada teórica en servizosdeac@museodopobo.gal antes do 29 de setembro.

A actividade conta co apoio da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Concello de Santiago de Compostela.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357