evento | Población
17.02.2024-17.02.2024 13:00:00

'Xenerais da Ulla': Barrio de Conxo

Imagen de 81463

Os Xenerais da Ulla participarán na celebración do Entroido deste barrio compostelano.

A comarca natural da Ulla posúe un orixinal entroido rural do que temos testemuños dende mediados do século XIX.

Os personaxes máis importantes son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun "exército" de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos durante o ano.

Dunha parroquia a outra, o Entroido da Ulla presenta pequenas diferenzas, mantendo cada un deles trazos definitorios que os fan únicos.

Xenerais e correos engalanados conforman a espectacularidade desta auténtica expresión do entroido tradicional galego.

Información completa e horarios noutras parroquias da comarca: www.xeneraisdaulla.gal

 

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357