evento | Población
20.01.2024-13.02.2024

Xenerais da Ulla - Entroido Rural Tradicional

Imagen de 51333

Os Xenerais da Ulla é o espectáculo máis destacado do Entroido tradicional da Ulla, que se produce nas inmediacións da cidade de Santiago desde a primeira metade do século XIX: os Xenerais van dacabalo, disfrazados con vistosas vestimentas militares similares ás de aquela época, pero que ademais inclúen adornos puramente carnavalescos, que locen tamén os cabalos.

Os atavíos, tanto dos Xenerais como dos seus cabalos, chaman a atención pola súa tradición, orixinalidade, colorido e grao de elaboración, o que fai que teñan un gran valor.

O Entroido da Ulla remonta as súa orixes a primeira metade do s. XIX e baséase nos enfrontamentos bélicos que se viviron na comarca nese século: a invasión do exército napoleónico, a revolución do 1.846 ou as guerras carlistas. Así os seus principais protagonistas son vistosas figuras que recrean estes momentos históricos.

Xenerais e correos engalanados conforman a espectacularidade desta auténtica expresión do Entroido tradicional galego que, á vista do seu altísimo interese, en setembro de 2013 foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Descubrir

A Ulla é unha comarca natural do interior de Galicia. O magnífico río Ulla, rico en troitas, salmóns e lampreas, articula esta bela comarca, dominada pola silueta do monte Pico Sacro, o cumio máis mítico de Galicia.
Ademais de Santiago de Compostela, Patrimonio da Humanidade e destino do Camiño de Santiago, que atravesa toda a zona, nela están os belísimos pazos de Oca e Ribadulla. Os seus xardíns, declarados “Monumento Histórico-Artístico”, lucen especialmente na época do Entroido, ateigados de camelias.
Pero hai moito máis. A verde paisaxe de montes e vales sucado de ríos e sendeiros, as antigas  igrexas e mosteiros, a arquitectura popular e a autenticidade da súa xente, fan dela un territorio de altísimo interese.

Comer
A comarca da Ulla  exemplifica toda a tradición e riqueza gastronómica da cociña galega, admirada pola soberbia calidade dos seus ingredientes. Por iso a gastronomía é un dos principais atractivos desta zona, produtora ademais de queixos, viños albariños, augardentes e licores con Denominación de Orixe Protexida.

Xenerais da Ulla en parroquias de Santiago

 

    Información completa e horarios noutras parroquias da comarcawww.xeneraisdaulla.gal

     

    Pazo de Raxoi

    Praza do Obradoiro

    15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

    Centro de Atención Telefónica

    +34 981 542 300

    Alcaldía

    +34 981 542 357