evento | Población
10.02.2024-10.02.2024 19:00:00

'Xenerais da Ulla': Parroquia de Aríns

Imagen de 76063

Esta tarde, a parroquia compostelá de Aríns celebra o seu tradicional entroido co espectáculo dos chamados Xenerais da Ulla.

 19:00H Aríns  Campo da festa (rúa de San Martiño)

GPS: 42º 51' 50" / 8º 30' 14"

A comarca natural da Ulla posúe un orixinal entroido rural do que temos testemuños dende mediados do século XIX.

Os personaxes máis importantes son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun "exército" de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos durante o ano.

Dunha parroquia a outra, o Entroido da Ulla presenta pequenas diferenzas, mantendo cada un deles trazos definitorios que os fan únicos.

Xenerais e correos engalanados conforman a espectacularidade desta auténtica expresión do entroido tradicional galego.

Información completa e horarios noutras parroquias da comarca: www.xeneraisdaulla.gal

 

 

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357