evento | Población
03.02.2024-03.02.2024 19:00:00

Xenerais da Ulla: Parroquia de Marrozos

Imagen de 38385

Esta tarde, a parroquia compostelá de Marrozos celebra o seu tradicional entroido co espectáculo dos chamados Xenerais da Ulla, que implica toda unha escenificación na que interveñen diferentes personaxes.

- 19.00 h. Marrozos (Campo da festa) Concello de Santiago de Compostela

GPS: 42º 50' 22" / 8º 29' 50"

A comarca natural da Ulla posúe un orixinal entroido rural do que temos testemuños dende mediados do século XIX.
Os personaxes máis importantes son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun "exército" de abandeirados, coros, comparsas e parrandas.
Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos durante o ano.
Dunha parroquia a outra, o Entroido da Ulla presenta pequenas diferenzas, mantendo cada un deles trazos definitorios que os fan únicos.
Xenerais e correos engalanados conforman a espectacularidade desta auténtica expresión do entroido tradicional galego.

Máis info: www.xeneraisdaulla.gal

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357