noticias | Población
31.07.2023

A Xunta de Goberno adxudica as actividades de teatro dos centros socioculturais a Talía Teatro por preto de 85.000 euros

O executivo municipal deu luz verde á adxudicación do contrato que ten por obxecto o servizo de "teatro de barrio" nos centros socioculturais do Concello de Santiago a PRODUCIÓNS TEATRAIS TALÍA SL, cun orzamento de 84.465,02 �. Tamén se acordou manter os prezos públicos e os reducidos nas actividades da rede de CSC para o curso 2023/24, cuxa programación será anunciada nas vindeiras semanas. De todos os asuntos deu conta en rolda de prensa a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.
Imagen de N22647
A Xunta de Goberno local acordou adxudicar o contrato para o servizo de "teatro de barrio" nos centros socioculturais do Concello de Santiago a PRODUCIÓNS TEATRAIS TALÍA SL, por presentar a proposición económica máis vantaxosa, por un importe de 84.465,02 � (base impoñible de 69.805,80 � máis IVE do 21% de 14.659,22 �), coa seguinte desagregación por anualidades: 14.077,50 � (2023) 42.232,51 � (2024) 28.155,01� (2025). A alcaldesa destacou que se trata dun servizo "fundamental", xa que a rede de CSC "levan moitísimos anos sendo un eixo vertebrador para que haxa encontros, socialización e actividades". En concreto, "as de teatro son as máis valoradas" e permiten a existencia "de actividades interxeracionais, con xente de todas as idades participando de maneira activa" e tamén que "grupos de persoas afeccionadas" teñan "lugares, espazos e momentos de interconexión", salientou Goretti Sanmartín.

O exectivo municipal tamén aprobou os prezos públicos e os reducidos por razóns de índole social, cultural e de interese público, nas actividades estables e regulares da rede de centros socioculturais para o curso 2023/24, "na mesma liña co dos anos posteriores, cos mesmos prezos que xa levan anos establecidos", segundo explicou a rexedora.

Convenios

O Xunta de Goberno tamén deu luz verde esta mañá a dous novos convenios de colaboración entre o Concello de Santiago e entidades locais, co fin de contribuír ao financiamento das súas accións e actividades.

En concreto, aprobouse un convenio coa Asociación Cultural da Cidade Vella, por un importe de 20.000 euros e outro coa Fundación Andrea de Apoyo a los Niños con Enfermedades de Larga Duración, Crónicas o Terminales, por un importe de 3.000 euros.

Parcela para o aparcadoiro público do CHUS

Goretti Sanmantín tamén anunciou a aprobación da ampliación do prazo da reserva da parcela resto da matriz nova reserva EU-7 do Polígono 2 do Plan Parcial do SUP-5 "durante seis meses máis, para a construción dun aparcadoiro público que minore os problemas de accesibilidade e saturación do tráfico na contorna do CHUS". Trátase dunha parcela "ao lado do CIMUS" que conta "cunha superficie de 3.563 metros cadrados, na que o SERGAS podería facer un construción semisoterrada de tres plantasm que podería albergar unha 320 prazas de aparcadoiro público", necesario para darlle servizo a toda a zona do hospital.

A parcela "xa fora reservada no seu día" para este fin, pero "de momento non temos constancia que desde a Xunta de Galicia teñan interese en facela", detallou a alcaldesa. "Esta será unha das cuestións que tratardemos tamén na reunión que teremos co presidente da Xunta", engadiu.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357