noticias | Población
01.09.2023

Xuntanza do goberno coa Asociación de Veciños de San Xoán de Fecha

No marco da rolda de contactos que o goberno municipal está mantendo con colectivos veciñais, a alcaldesa, Goretti Sanmartín; a concelleira de Medio Rural e Relacións Veciñais, Pilar Lueiro; o concelleiro de Vías e Obras, Suso Domínguez; e o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, mantiveron esta semana unha xuntanza cunha representación da Asociación de San Xoán de Fecha.
Imagen de N22693
No encontro tratáronse demandas en canto a melloras para a parroquia relativas a desbroces, abastecemento de auga, mantemento do viario público e acondicionamento de equipamentos comunitarios. Entre os acordos que se tomaron na xuntanza, cabe sinalar que o Concello se comprometeu a acondicionar o lavadoiro público da aldea de Fecha, que na actualidade presenta deficiencias na súa estrutura, sobre todo na cuberta, e a dotalo dunha canalización de auga axeitada. Tamén se acordou dotar de abastecemento de auga o local social situado en Lamascal e solucionar así unha das demandas históricas desta parroquia.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357