evento | Población
15.12.2023-07.01.2024

Yggdrasil | Instalación do Nadal no Gaiás

Imagen de 81186

O solsticio de inverno, a noite máis longa do ano, marca o final da escuridade e o regreso da luz. Este momento máxico, celebrado por moitas culturas, significaba o triunfo da vida sobre a morte, era un momento de celebración e recollida no que se colocaba baixo teito unha árbore que lembraba o Yggdrasil, o gran freixo da mitoloxía nórdica, con frondosas pólas das que penduran os Nove Mundos.

A instalación do Nadal no Gaiás deste ano, deseñada por Createctura, propón tamén unha volta ás orixes e, ao mesmo tempo, quere premer o botón de pausa nos trafegos e no consumo incesante que está a marcar a celebración destas festas e que afasta o foco do importante: o goce, o tempo compartido en comunidade e o coidado ao planeta. O Yggdrasil do Gaiás quere ser un lugar para encontrarnos e xogar, esquecéndonos do material e festexando a a volta da luz, e tamén un convite a reflexionar sobre a nosa maneira de celebrar.

+INFO

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357