Museo das Peregrinacións e de Santiago

O museo amosa a transcendencia que as pregrinacións a Santiago tiveron para a cultura europea e americana, a través de diversas sás temáticas nas que se exhiben representacións do Apóstolo Santiago, obxectos de peregrinos de todas as épocas e outros tesouros relacionados co culto xacobo. Desde o grande lucernario da segunda planta pódese contemplar a basílica compostelá, a torre da Berenguela e grande parte do casco histórico.

O Museo das Peregrinacións e de Santiago ocupa o edificio do antigo Banco de España, deseñado polo arquitecto Romualdo Madariaga Céspedes e construído en 1939 na parcela das casas de Espinosa. Encóntrase na Praza de Praterías, a poucos metros da fachada sur da Catedral. Na súa planta baixa ábrense 5 arcos sobre columnas que forman soportais.
O edificio do Banco de España construíuse en 1949, aínda que a actividade deste organismo en Compostela se iniciara moitos anos antes, en 1886. En decembro de 2004, a oficina pechaba as súas portas.
A profunda remodelación que sufriu o edificio para acoller o Museo das Peregrinacións e de Santiago corresponde a Manuel Gallego Jorreto (O Carballiño, 1936), un dos arquitectos galegos de maior prestixio. En 2010 foi galardoado coa Medalla de Ouro da Arquitectura. Deseñou, entre outros edificios, a residencia do presidente da Xunta de Galicia ou o Concello da Illa de Arousa.
Cos seus case 3.500 metros cadrados de superficie construída, que fose sede do Banco de España na cidade forma parte, desde xullo de 2012, do complexo museístico xunto coa Casa do Cabido. Dende o gran lucernario da segunda planta pode contemplarse a basílica compostelá coa súa impresionante torre da Berenguela e gran parte do casco histórico.

Debido á excepcional situación provocada pola Covid-19, pregamos confirmen previamente os horarios en vigor poñéndose en contacto co museo.

Martes-Venres: 9:30-20:30. Sábado: 11:00-19:30. Domingo, festivos: 10:15-14:45. Luns: pechado