Árbol caído en Avenida Castelao
Un árbol del antiguo Hospital de Galeras se desploma sobre un vehículo en Santiago
Convocatoria do programa Plan Xuvenil de Integración Profesional "Mocidade con Emprego".
Destinatarios/as: Mozos/as maiores de 16 anos e menores de 30 ,desempregados/as, non integrados/as nos sistemas de educación ou formación e estar rexistrados/as no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Obxecto: Mellorar a empregabilidade da mocidade a través da realización de 19 itinerarios personalizados de integración profesional que combinan formación, prácticas profesionais non laborais e asesoramento na busca activa de emprego
Prazo: Do 17 de outubro ate que se cubran as 323 prazas.
Programa LIMIAR
A Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 22 de decembro de 2017, aprobaou as bases reguladoras da creación da listaxe municipal de propietarios de edificios residenciais implicados en actuacións para a súa rehabilitación do Concello de Santiago de Compostela.
Poderán solicitar a súa inclusión na LIMIAR as comunidades de propietarios e persoas privadas, tanto de natureza física como xurídica, propietarias de edificios que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.
Corrección de erros das Bases e convocatoria de subvencións para o fomento de actividades a prol da igualdade
Publícanse corrección de erro ás Bases e Convocatoria de Subvencións para o fomento de actividades a prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero para o ano 2017, publicadas no BOP da Coruña do 27 de xuño de 2017 (núm. 120).
Onde di:
14. XUSTIFICACIÓN E PAGO DA SUBVENCIÓN. "O prazo para a xustificación da subvención terminará o 30 de
octubre de 2017".
Debe dicir:
14. XUSTIFICACIÓN E PAGO DA SUBVENCIÓN. "O prazo para a xustificación da subvención terminará o 30 de
novembro de 2017".
Resolución definitiva da convocatoria de axudas de apoio a asociacións culturais 2021
A Xunta de Goberno Local, na sesión do 11 de outubro de 2021, e consonte a base 9 da antedita convocatoria, acordou aprobar as propostas de concesión e exclusión de concesión de axudas para actividades das asociacións culturais 2021
Resolución definitiva da convocatoria de axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional 2021
A Xunta de Goberno Local, na sesión do 11 de outubro de 2021, e consonte a base 9 da antedita convocatoria, acordou aprobar as propostas de concesión e exclusión de concesión de axudas para actividades culturais do sector profesional 2021
Aprobación da posta en funcionamento dos multa-móbiles
Publicación no BOP do luns, 18 de outubro de 2021 da resolución de aprobación da posta en funcionamento dos multa-móbiles
V Plan Municipal de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela
O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 04/07/2022, aprobou o V Plan Municipal de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela 2022-2025.