Convocatoria de subvencións para actividades de promoción e dinamización comercial no Concello de Santiago de Compostela 2022

Submitted by deweloper on Wed, 13/12/2023 - 12:16

Publicación da Bases da convocatoria de subvencións para actividades de promoción e dinamización comercial no Concello de Santiago de Compostela. Ano 2022

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais e contarase desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP.

Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creacións audiovisuais sobre as mulleres na sociedade galega. Ano 2023

Submitted by deweloper on Wed, 13/12/2023 - 12:14

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión celebrada o20 de febreiro de 2023, aprobou a convocatoria do Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creación audiovisual sobre as mulleres na sociedade galega, para o ano 2023.

O prazo de presentación dos traballos comeza o día 8 de marzo de 2023 e remata o 29 de decembro de 2023 ás 14,00 horas.

Convocatoria de concesión das axudas Bonos Corazón Compostela 2023 e apertura de prazo de adhesión para establecementos interesados

Submitted by deweloper on Wed, 13/12/2023 - 11:56

O obxecto destas bases é regular a convocatoria de concesión de axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería do municipio de Santiago de Compostela a través dos bonos Corazón Compostela, así como proceder á apertura do prazo de adhesión para os establecementos interesados.

A finalidade do programa de bonos Corazón Compostela é incentivar a demanda axudando economicamente ás persoas consumidoras e fomentar o consumo no comercio e hostalería do municipio de Santiago.

Matinais de Nadal 2023 dos centros socioculturais

Submitted by deweloper on Wed, 13/12/2023 - 11:51

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para participar da actividade Matinais de Nadal dos centros socioculturais, publicanse as listaxes de persoas admitidas no sorteo público que terá lugar o:
Día: 4 de decembro
Hora: ás 12h
Lugar: CSC de Santa Marta

Precisan sorteo de prazas as actividades dos centros socioculturais de Conxo, Santa Marta e do Castiñeiriño.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357