Servizos Sociais
Santiago de Compostela é unha cidade comprometida solidariamente con políticas sociais encamiñadas á cobertura das necesidades individuais e colectivas e á erradicación de calquera clase de desigualdade e marxinación social, que aposta por un modelo social que procure a integración participativa na vida comunitaria, garanta a protección dos dereitos sociais, políticos e económicos dos cidadáns e cidadás máis desfavorecidas e en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social.
Os servizos sociais municipais son o sistema de protección social máis preto da cidadanía e do seu ambiente familiar e social, que desenvolve programas e presta axudas que favorecen a participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu contorno comunitario.
Para garantir a cohesión social, construír unha cidade inclusiva e artellar as políticas de solidariedade, igualdade e equidade social o Concello de Santiago xerou unha rede municipal de servizos sociais que teñen como obxectivos:
- A detección e análise das necesidades e carencias sociais e a organización das prestacións de protección e asistencia social.
- A información, orientación e asesoramento aos cidadáns sobre os seus dereitos sociais.
- O desenvolvemento de políticas integrais para favorecer a igualdade de oportunidades e a integración social.
- A inserción social da cidadanía en risco de exclusión vulnerabilidade social.
- A animación e o artellamento comunitario.
- A mellora da cooperación e solidariedade a través do voluntariado.
Os servizos sociais organízanse a través do centro municipal, no que un equipo interdisciplinar de profesionais do ámbito social desenvolven programas e proxectos dirixidos a todos os cidadáns, e facilítase o acceso das persoas aos recursos sociais existentes nas diversas áreas: (ver enlaces)
- Infancia e familia
- Persoas maiores
- Persoas dependentes e/ou con discapacidade.
- Promoción social
- Inclusión social
- Igualdade