Unidade de Atención ás Migracións (UAMI)
Para facilitar a inclusión social e laboral das persoas en situación de vulnerabilidade, a Unidade de Atención ás Migracións – UAMI, que é a oficina municipal encargada da acollida inicial ás persoas emigrantes e inmigrantes e retornadas, xestiona e informa sobre un conxunto de actuacións que contemplan axudas, subvencións, bolsas de estudos, actividades e programas dirixidas á cidadanía e prestando os seguintes servizos:
- Información e asesoramento na tramitación de permisos de residencia e traballo, visados, adquisición de nacionalidade, reagrupamento familiar, e calquera outros trámites administrativos que este colectivo precise, así como as prestacións sociais, educativas ou sanitarias ás que tivesen dereito; información dos trámites posteriores ó retorno e das axudas extraordinarias para persoas retornadas; información das axudas para o retorno voluntario de persoas inmigrantes..
- Información acerca de programas formativos e de orientación laboral, así como de cantas axudas poidan facilitar a súa inserción no mercado laboral.
-Orientación e derivación para a tramitación de recursos sociais.
-Desenvolvemento de programas que promovan a integración das persoas inmigrantes na nosa sociedade; e daqueles que fomenten os valores de tolerancia, respecto á diferencia e convivencia intercultural.
