Festas

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Este servizo municipal:

  • Desenvolve a programación de actos festivos.
  • Informa e distribúe publicacións municipais relativas aos seus programas de festas.
  • Informa e distribúe publicacións municipais relativa aos seus programas culturais.
  • Desenvolve a programación das festas do Nadal, Entroido, Ascensión e Apóstolo.
  • Participa na tramitación de subvencións municipais para festas patronais, Entroido e San Xoán.
  • Informa e distribúe publicacións municipais relativa aos seus programas.

 

Expropiacións e Patrimonio

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Patrimonio

Realiza as xestións relativas ao conxunto de bens, dereitos e accións que pertencen a este Concello, tanto polo que respecta á tramitación para a súa defensa, como a requirida para a súa adquisición ou alleamento.

Encárgase da tramitación de:
-Expedientes de cese de ocupación de camiños públicos municipais ou calquera ben do Concello.
-Expedientes de recuperación, investigación e regularización de propiedades do Concello.
-Expedientes de recuperación de oficio de bens de dominio público.
-Alleamento de parcelas municipais

Educación

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

O Concello asume e desenvolve as competencias propias en materia educativa e ofrece aos centros de ensino propostas, actividades e recursos do Concello. En colaboración coas demais administracións competentes en materia educativa atende ás obrigas que ten o Concello respecto aos centros escolares nos niveis de educación infantil e primaria e participa no desenvolvemento de programas e recursos para a mellora da calidade do ensino: de tipo deportivo (Á auga patos), de tipo lúdico (Ferradura Aberta, campamentos de tempo libre), concursos (pintura, poesía..).
En concreto:

Deportes

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Este servizo ten como funcións:

  • Programar cursos e actividades de prácticas deportivas e xestionar o uso das instalacións deportivas municipais.
  • Colaborar coas entidades, clubs e federacións deportivas para promover o deporte entre os veciños da nos cidade mediante convenios de colaboración, tramitación de subvencións, etc.
  • Informar sobre calquera das actividades que xurdan ou nas que participe o departamento e sobre os trámites para a utilización de instalacións municipais.
     

Cultura

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Elabora e coordina a programación que se desenvolve no Teatro Principal.

Coordina as actuacións da Banda de música municipal, cunha programación establecida do seguinte xeito:

Un concerto cada domingo, que se celebra no palco de música da Alameda, agás durante os meses de outono e inverno que por razóns climatolóxicas o fai no Teatro Principal, sempre ás 12.00 horas.

Un concerto cada xoves dende o primeiro de xuño ata o derradeiro do mes de setembro, ás 20.00 horas, que se celebran xeralmente na rúa do Vilar.

Contratación

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

O Departamento de Contratación facilita os pregos de condicións económicos, administrativos e técnicos, compulsa documentación de contratos convocados polo Concello e informa sobre expedientes en curso, condicións de contratos e proxectos de execución de obras.

Tamén asesora a Corporación na materia de contratación administrativa, colabora cos departamentos municipais para a contratación de bens e coordina os labores de secretaría das mesas de contratación municipais (concursos, subhastas e procedementos negociados).

Centros Socioculturais

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Son equipamentos de uso comunitario, xeralmente de titularidade municipal, onde se organizan actividades que pretenden fomentar a convivencia dos veciños a través de programas de ocio (deportes, cine, teatro, excursións, exposicións), sociais (bibliotecas, cursos de alfabetización de adultos...) e de aprendizaxe (obradoiros de manualidades, astronomía, xardinería, ioga, etc.). Están abertos á participación de todos os veciños de Compostela.

Brigada Municipal de Vías e Obras

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Atende os problemas en solo de titularidade municipal, actuando nos seguintes supostos:

  • Reparación e reconstrución de beirarrúas.
  • Reparación e pavimentación en formigón e asfáltica.
  • Desbroce de maleza en pistas municipais.
  • Mantemento de edificios municipais.
  • Execucións subsidiarias, etc.


Actúa de oficio, por partes policiais ou a pedimento de particulares, mediante a presentación dunha queixa formal.
 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357