Igualdade

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02
  • Asesora e orienta a muller sobre os seus dereitos e formas de inserción laboral.
  • Presta información e asesoramento xurídico, así como atención psicolóxica ás mulleres que a demanden.
  • Dispón dun servizo de atención domiciliaria da infancia.
  • Desenvolve programas de promoción e participación social, de prevención e intervención para colectivos de mulleres de alto risco.


CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES (CIM)

Xuventude

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02
  • Desenvolve a política municipal en materia de mocidade, tendo como eixes a promoción do asociacionismo xuvenil e a dinamización sociocultural da xuventude de Santiago de Compostela.
  • Ocúpase da execución de iniciativas propias dirixidas á mocidade, así como das que xorden desde os propios colectivos cun labor de apoio e asesoría técnica e establecendo as correspondentes liñas de axuda.
  • Fomenta a creación de espacios de formación para que os mozos/as membros de asociacións xuvenís poidan empregar as ferramentas máis axeitadas para atender o seu ámbito de referencia.

Mercados Centrais de Abastecemento de Santiago, Mercagalicia S.A.

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

É unha compañía mercantil, participada polo Concello e MERCASA,. creada para mellorar en todas as ordes os ciclos de comercialización de produtos alimenticios e a promoción, construción e explotación de mercados por xunto en Santiago e dos servizos complementarios que sexan precisos para a súa utilización e a comodidade dos usuarios.

 

Lingua

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

O Concello de Santiago presta especial atención ao proceso de normalización lingüística a través da galeguización dos seus servizos e tamén poñendo en marcha programas dirixidos á poboación e ás entidades asociativas ou empresariais de Compostela.

Ademais dunha Concellaría Delegada de Normalización Lingüística, a Corporación Municipal creou o Consello Municipal de Normalización Lingúística co fin de facilitar a participación cidadá no deseño e posta en práctica da política lingüística municipal.

Licenzas e Disciplina Urbanística

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

O Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística encárgase de verificar a legalidade urbanística das actuacións de transformación material e utilización do solo e das edificacións, tanto para vivenda como para actividades. Comproba e asegura que as ditas actuacións cumpren a normativa urbanística (planeamento xeral e de desenvolvemento), de habitabilidade, seguridade contra incendios, acústica, accesibilidade, etc.

Proxectos e Obras

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

As súas funcións vincúlanse á dirección e supervisión das obras e proxectos de iniciativa pública. Neste Servizo redactanse proxectos, diríxense obras, tramitando certificacións con Contratación e Intervención, e coordinase a súa execución cando se dirixen por técnicos externos, ou son obras que a promoción privada ou outras administracións executan para a administración municipal.
 

Turismo de Santiago-Información e Comunicación Local, S.A. (Incolsa)

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Turismo de Santiago - Incolsa é a empresa municipal creada en 1999 polo Concello de Santiago para atender as necesidades de promoción da cidade do Apóstol, especialmente no sector turístico.

Na tarefa de definir a imaxe da cidade ante habitantes e visitantes, Turismo de Santiago trata de manter un diálogo permanente cos representantes do sector turístico na cidade e con outras institucións de promoción turística españois, como o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, o grupo España Verde, Turgalicia e Turespaña.

Fundación Granell

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

É unha fundación de interese galego, carácter privado e permanente, que ten como fins primordiais:

  • A creación e mantemento do Museo Eugenio Granell na cidade de Santiago de Compostela.
  • A fomento do estudo e difusión da obra de Eugenio Granell.
  • A promoción e a divulgación de todas as manifestacións artísticas do movemento surrealista e doutras correntes artísticas afíns.
  • A divulgación, investigación e estudo de manifestacións artísticas étnicas.

Fundación Centro Galego do Vidro

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

É unha fundación de interese galego constituída, por tempo indefinido, pola Universidade de Santiago, Arenas Santa Comba S.L., Ilión Grupo Creativo S.L. e á que se adheriron o Concello de Santiago e a Fundación ONCE.

O obxecto ou fin xenérico da fundación é a promoción, desenvolvemento, ensinanza, investigación e difusión da artesanía e historia do vidro, a súa fabricación artística e demais actividades culturais e científicas relacionadas coa técnica do vidro.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357