María Milagros

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 11:11

Nada en 1965, é técnica superior de Saúde Bucodental e traballadora dende 1995 do Centro de Saúde de Fontiñas, barrio no que reside. Nas eleccións de 2015 foi escollida por primeira vez concelleira do grupo municipal socialista. Na actualidade é a secretaria xeral da Agrupación Local do PSdeG-PSOE.

Mercedes

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 11:09

Subdirectora da Área de Cultura do Vicerreitorado de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, e responsable da Fonoteca universitaria dende finais dos anos oitenta; centrando fundamentalmente a súa actividade nos ámbitos da xestión e produción de música, exposicións, artes plásticas e xestión do patrimonio histórico-artístico e a música. Durante oito anos, de 2003 ao 2011, foi concelleira no Goberno municipal, ocupando as áreas de Cultura, Rehabilitación e Cidade Histórica, Centros Socioculturais, Urbanismo, Vivenda e Educación.

Borja Rubio

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 11:08

Nado en Santiago. 39 anos. Veciño do Castiñeiriño. Traballa na Rede Galega de Dinamización Xuvenil e participa activamente desde mozo no tecido asociativo compostelán. É membro da ANPA do CEIP Lamas de Abade.

Adrián

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 11:07

Nado en Santiago en 1990. Natural do Casco Histórico, reside no barrio do Castiñeiriño. Licenciado en Xestión de Empresas Hostaleiras, traballou inicialmente no sector. Con formación en deseño dixital e comunicación online, creou a súa propia empresa en Santiago. Foi secretario da Xunta de Confrarías da Semana Santa. Na actualidade traballa na Xunta de Galicia como asesor.

Rosario

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 11:06

Nada en 1974 e residente no barrio das Fontiñas. Licenciada en Dereito. Funcionaria do Estado. Na actualidade é a xefa do Servizo de Contratación, Proxectos e Obras da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Evaristo

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 11:05

Nado en Santiago en 1971. Fonte dos Concheiros. Reside en San Marcos. Secretario provincial A Coruña PPdG. Voceiro do grupo popular na Deputación da Coruña.

Nerea

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 11:04

Nada en Santiago, Figueiras. 25 anos. Nai dun neno. Graduada en Educación Social pola USC, actualmente traballa nun centro de protección de menores. Realiza traballos de voluntariado en Down Compostela, Hospital Clínico e con persoas con Alzheimer.

José

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 11:02

Naceu en Santiago en 1966. Veciño de Conxo. Licenciado en Dereito. Funcionario do Parlamento de Galicia desde 1992. Socio-fundador da Asociación de Veciños Conxo Aberto no ano 2010.

Olaya

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 11:00

Nada en Santiago en 1984. Barrio do Castiñeiriño. Graduada en Relacións Laborais e Recursos Humanos pola USC, é máster en RR.HH. e Dirección de Persoas. Máis de 10 anos de experiencia na área de selección de persoal, xestión de equipos e orientación laboral.

José Antonio

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 10:59

Nado en Santiago en 1970 e natural do barrio de San Pedro. Licenciado en Dereito. Máster en IESE. Foi membro do Claustro da Universidade de Santiago, presidente do Consello da Xuventude de Galicia, do Comité Permanente do Consello da Xuventude de España, así como patrono de varias fundacións. Actualmente dedícase á xestión de entidades universitarias.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357