Tesouraría

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Tesouraría realiza o control, manexo e custodia de fondos, valores e efectos; as propostas de execución de resolucións en materia de captación de recursos e da súa rendibilización e tamén exerce a xefatura dos servizos recadatorios.

Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

É unha sociedade mercantil que ten como finalidade potenciar o desenvolvemento de iniciativas empresariais partindo da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico da Universidade de Santiago de Compostela, para contribuír á consolidación na nosa cidade dun tecido productivo e de servizos avanzados con matiz innovador.

Participan na sociedade a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Santiago de Compostela. Ten o seu domicilio na vía La Cierva s/n., recinto Mercagalicia, do Polígono do Tambre en Santiago de Compostela.

Sociedade Anónima Municipal de Transporte (Tussa)

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

É unha empresa municipal creada para a execución e ordenación das políticas de transporte público urbano de viaxeiros en Santiago de Compostela. Son obxectivos, entre outros, a administración do transporte urbano colectivo; estudo e planificación do transporte no ámbito municipal; inspección e control de liñas de transporte urbano; xestión, construción e establecemento de aparcadoiros; xestión, explotación e administración de estacións de autobuses e outras funcións anexas e complementarias.

Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela, S.A.

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

É unha sociedade anónima mixta que ten por obxecto servir como opoio instrumental á Universidade de Santiago de Compostela para impartir cursos de idiomas, organizar exames para a obtención de títulos oficiais de español; organizar a edición de materiais destinados á ensinanza de español para estranxeiros; organizar cursos especializados e monográficos, viaxes, excursións e actividades culturais relacionados con calquera actividade.

Servizos Sociais

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Santiago de Compostela é unha cidade comprometida solidariamente con políticas sociais encamiñadas á cobertura das necesidades individuais e colectivas e á erradicación de calquera clase de desigualdade e marxinación social, que aposta por un modelo social que procure a integración participativa na vida comunitaria, garanta a protección dos dereitos sociais, políticos e económicos dos cidadáns e cidadás máis desfavorecidas e en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social.

Servizos Comunitarios

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Dedícase á tramitación dos expedientes relacionados con servizos públicos de competencia municipal e á súa inspección en materia de sanidade, medio ambiente, mercados, cemiterio, limpeza e recollida de lixo, alumeado público, abastecemento de auga e saneamento.
 

Secretaría

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Secretario xeral do Pleno

Exerce as funcións de secretario do Pleno e tamén das Comisións do Pleno. Correspóndenlle as funcións de fe pública de acordos do Pleno.

 

Secretario xeral do Goberno municipal

É un órgano de apoio á Xunta do Goberno local. Correspóndenlle as funcións de fe pública dos actos e acordos unipersonais e demais funcións de fe pública non atribuídas ao secretario xeral do Pleno da corporación.
 

Rexistro Xeral

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Rexistros auxiliares específicos:

  • Rexistro da Oficina da Atención ao Contribuínte (presentación de documentación de carácter tributario):

    Enderezo: Rúa do Presidente Salvador Allende, 4-baixo
    Teléfono cita previa: 981 542 384

  • Rexistro de Urbanismo (presentación de documentación de carácter urbanístico):

    Enderezo: Pazo de Raxoi, Praza do Obradoiro, 1-2º
    Teléfono cita previa: 981 542 420
     

Rehabilitación e Vivenda

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

A Oficina municipal de Rehabilitación e Vivenda ten encomendadas funcións relativas á elaboración da estratexia municipal de rehabilitación de edificios de vivendas e a mobilización da vivendas baleiras no termo municipal.

Realiza a tramitación completa das axudas municipais correspondentes a rehabilitación e vivenda, así como as prescriptivas para as autorizacións arqueolóxicas.

Funcións:
 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357