Servizos Sociais

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Santiago de Compostela é unha cidade comprometida solidariamente con políticas sociais encamiñadas á cobertura das necesidades individuais e colectivas e á erradicación de calquera clase de desigualdade e marxinación social, que aposta por un modelo social que procure a integración participativa na vida comunitaria, garanta a protección dos dereitos sociais, políticos e económicos dos cidadáns e cidadás máis desfavorecidas e en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social.

Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela, S.A.

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

É unha sociedade anónima mixta que ten por obxecto servir como opoio instrumental á Universidade de Santiago de Compostela para impartir cursos de idiomas, organizar exames para a obtención de títulos oficiais de español; organizar a edición de materiais destinados á ensinanza de español para estranxeiros; organizar cursos especializados e monográficos, viaxes, excursións e actividades culturais relacionados con calquera actividade.

Sociedade Anónima Municipal de Transporte (Tussa)

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

É unha empresa municipal creada para a execución e ordenación das políticas de transporte público urbano de viaxeiros en Santiago de Compostela. Son obxectivos, entre outros, a administración do transporte urbano colectivo; estudo e planificación do transporte no ámbito municipal; inspección e control de liñas de transporte urbano; xestión, construción e establecemento de aparcadoiros; xestión, explotación e administración de estacións de autobuses e outras funcións anexas e complementarias.

Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

É unha sociedade mercantil que ten como finalidade potenciar o desenvolvemento de iniciativas empresariais partindo da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico da Universidade de Santiago de Compostela, para contribuír á consolidación na nosa cidade dun tecido productivo e de servizos avanzados con matiz innovador.

Participan na sociedade a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Santiago de Compostela. Ten o seu domicilio na vía La Cierva s/n., recinto Mercagalicia, do Polígono do Tambre en Santiago de Compostela.

Tesouraría

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Tesouraría realiza o control, manexo e custodia de fondos, valores e efectos; as propostas de execución de resolucións en materia de captación de recursos e da súa rendibilización e tamén exerce a xefatura dos servizos recadatorios.

Tráfico

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

No departamento de Tráfico proxéctase a ordenación da circulación na cidade, mediante o establecemento e mantemento da sinalización horizontal e vertical, da rede semafórica, do control do aparcamento de superficie, acceso restrinxido á zona monumental, mantemento e instalación de bolardos, entre outras.

Tramita as solicitudes de tarxetas de discapacitados, aparcamento para residentes, acceso á zona monumental, transporte...

Igualdade

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02
  • Asesora e orienta a muller sobre os seus dereitos e formas de inserción laboral.
  • Presta información e asesoramento xurídico, así como atención psicolóxica ás mulleres que a demanden.
  • Dispón dun servizo de atención domiciliaria da infancia.
  • Desenvolve programas de promoción e participación social, de prevención e intervención para colectivos de mulleres de alto risco.


CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES (CIM)

Museo do Pobo Galego

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

O Padroado Museo do Pobo Galego constituíuse na cidade de Santiago de Compostela co fin de investigar, estudiar, difundir, conservar, defender e promover a cultura popular, especialmente referida a Galicia e, concretamente, para a creación dun museo que recollera as mostras do galego nese campo da actividade humana.

O inmoble no que se sitúa o museo é de propiedade municipal. Por acordo plenario do 21 de febreiro de 1977 cedeuse o uso das dependencias do inmoble municipal de San Domingos de Bonaval para sede do Museo do Pobo Galego, por un período de 50 anos.

Promoción Económica

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Neste servizo realízanse tarefas orientadas a facilitar información e formación en diferentes campos sempre tendentes a mellorar as condicións de vida socioeconómicas dos veciños de Santiago.

Promoción económica:

Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC)

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02
  • Facilita informacións relativas a materias de consumo: dúbidas, modos de formular queixas, dereitos dos consumidores, etc.
  • Participa na tramitación de reclamacións en materia de consumo, canalizándoas cara aos organismos competentes para a súa tramitación e resolución.
  • Organiza campañas de información ao consumidor: distribución de folletos sobre materias concretas, campañas estacionais, obradoiros de consumo, charlas, exposicións, concursos, etc.


Servizos que presta:

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357