Padrón Municipal de Habitantes

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02
  • O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde consta a veciñanza dun municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual nel. As certificacións que dos devanditos datos se expidan terán carácter de documento público e fidedigno para todos os efectos administrativos. Realiza todas as actuacións necesarias para que os datos sexan reais.

    TRÁMITES TELEMÁTICOS OU PRESENCIAIS:
    - Consulta do censo electoral

Parques e Xardíns

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02
  • Participa na elaboración e control dos proxectos para a creación de zonas verdes e parques infantís.
  • Encárgase da conservación e mantemento de parques e zonas verdes tratando de impedir o seu deterioro.

 

Persoal. Xestión de Recursos Humanos

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Neste departamento o cidadán pode obter información sobre calquera aspecto relacionado cos seguintes temas:

  • Convocatorias do Concello de prazas de persoal funcionario ou laboral e das súas bases.
  • Contido da oferta pública de emprego deste municipio.
  • Selección de persoal: interino, contratado laboral temporal, elaboración de listas de espera para substitucións e baremos aplicables.
  • Datas de publicación e prazos de presentación de instancias para a cobertura das prazas.
     

Planeamento e Xestión

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Ao Servizo de Planeamento e Xestión correspóndelle a tramitación e, de ser o caso, a formulación dos distintos instrumentos de ordenación previstos na Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, así como a tramitación e, de ser o caso, dos distintos instrumentos de xestión urbanística, necesarios para executar as determinacións do planeamento aprobado, a través dos sistemas de actuación previstos na lexislación vixente.

Policía Local

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

O Corpo da Policía Local ten como misión a protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá.

As súas funcións, que exercen dentro do termo municipal, son:

Comunicación

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02
  • Canaliza a información institucional para os diferentes medios de comunicación.
  • Atende e coordina as súas solicitudes informativas específicas para que sexa posible achegarlles aos cidadáns puntualmente as informacións municipais do seu interese.
  • Ocúpase da inserción da publicidade institucional remitida polos distintos servizos municipais.

Fundación Granell

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

É unha fundación de interese galego, carácter privado e permanente, que ten como fins primordiais:

  • A creación e mantemento do Museo Eugenio Granell na cidade de Santiago de Compostela.
  • A fomento do estudo e difusión da obra de Eugenio Granell.
  • A promoción e a divulgación de todas as manifestacións artísticas do movemento surrealista e doutras correntes artísticas afíns.
  • A divulgación, investigación e estudo de manifestacións artísticas étnicas.

Turismo de Santiago-Información e Comunicación Local, S.A. (Incolsa)

Submitted by deweloper on Tue, 26/03/2024 - 10:02

Turismo de Santiago - Incolsa é a empresa municipal creada en 1999 polo Concello de Santiago para atender as necesidades de promoción da cidade do Apóstol, especialmente no sector turístico.

Na tarefa de definir a imaxe da cidade ante habitantes e visitantes, Turismo de Santiago trata de manter un diálogo permanente cos representantes do sector turístico na cidade e con outras institucións de promoción turística españois, como o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, o grupo España Verde, Turgalicia e Turespaña.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357