Casa de la Troya

Submitted by deweloper on Fri, 08/03/2024 - 13:52

Este museo recrea o ambiente estudiantil da afamada pensión rexentada por dona Generosa en Santiago de Compostela a finais do século XIX, e inmortalizada polo escritor Alejandro Pérez Lugín na súa novela La Casa de la Troya.

Museo-Fundación Eugenio Granell

Submitted by deweloper on Fri, 08/03/2024 - 13:52

A Fundación Eugenio Granell inicia a súa andaina en 1995 trala sinatura dun convenio entre o artista surrealista Eugenio Granell e o Concello de Santiago. Con sede no Pazo de Bendaña, na céntrica praza compostelá do Toural, a Fundación alberga obras do propio artista, as súas coleccións surrealista e étnica e, a partir do ano 1997 as obras doadas polo artista surrealista inglés Philip West, quen tamén nos legou a súa colección de libros surrealistas.

Mosteiro e Igrexa de San Martiño Pinario

Submitted by deweloper on Fri, 08/03/2024 - 13:52

San Martiño Pinario foi o máis influínte e grande dos mosteiros beneditinos de Galiza, e o segundo en tamaño de toda España tras o do Escorial.

O seu museo inclúe a visita á igrexa, que destaca entre todas as da cidade polo seu impresionante baldaquino e polo cadeirado dos seus coros (o do coro alto é renacentista do s. XVII e pertenceu á Catedral).

Museo Centro Gaiás

Submitted by deweloper on Fri, 08/03/2024 - 13:52

Cunha superficie expositiva de 6.600 metros cadrados, dividida en tres plantas, acolle exposicións temporais de fondo calado, o cal ofrece a posibilidade de amosar instalacións que pola súa envergadura non poderían exhibirse noutros centros culturais de Galicia. Ademais das exposicións, o Museo desprega unha oferta de actividades formativas e de divulgación que o convirten nun centro activo e en continua renovación.

Museo das Peregrinacións e de Santiago

Submitted by deweloper on Fri, 08/03/2024 - 13:52

O Museo das Peregrinacións e de Santiago ocupa o edificio do antigo Banco de España, deseñado polo arquitecto Romualdo Madariaga Céspedes e construído en 1939 na parcela das casas de Espinosa. Encóntrase na Praza de Praterías, a poucos metros da fachada sur da Catedral. Na súa planta baixa ábrense 5 arcos sobre columnas que forman soportais.

Museo da Maxia

Submitted by deweloper on Fri, 08/03/2024 - 13:52

O Museo de Magia Kiko Pastur é un espazo único na sua categoría como referente cultural e recreativo en Santiago de Compostela. Situado no casco histórico, a un par de minutos da catedral, e nun dos lugares máis emblemáticos da cidade: fronte a igrexa de San Martiño Pinario.

O local conta cunha exposición permanente e interativa de ilusións ópticas, pezas históricas e artiluxios do arte da maxia. A visita permite sorprenderse cos magos do museo, profesionais do ilusionismo que realizan demostracións de maxia en directo.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357