Goretti

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 10:42

Profesora universitaria e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa. Foi directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade. Con anterioridade, impartiu aulas no Instituto de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela e no Instituto Eduardo Pondal. Participa activamente dos movementos cultural, en defensa da lingua e feminista. Foi responsábel local do BNG en Santiago e vicepresidenta da Deputación da Coruña. Na actualidade, forma parte da Executiva Nacional do BNG.

Xan

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 10:12

Naceu na Coruña en 1966, e é pai de dous fillos. É Diplomado en Biblioteconomía e Documentación, e traballa na Universidade de Santiago. Ten unha longa traxectoria vinculada ao movemento ecoloxista: foi presidente de ADEGA; coordenador xeral de Verdegaia, organización da que segue formando parte; e membro de Ecoloxistas en Acción. Foi concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia en Santiago no periodo 2015-2019.

Iago

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 10:10

Arquitecto pola Universidade Politécnica de Madrid e doutor en Rexeneración Urbana e Desenvolvemento Económico pola Universidade ‘Mediterranea’ de Reggio Calabria (Italia). Realizou estadías de investigación e intercambios académicos en universidades de Portugal, Estados Unidos, Arxentina e Noruega. Traballou como arquitecto no ámbito do urbanismo e a ordenación territorial, como consultor internacional de innovación e como investigador na Universidade de Santiago de Compostela.

Manuel

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 10:04

Veciño do barrio de Santa Marta, aínda que con orixes no de San Lázaro, onde se criou e formou parte das xuntas directivas das súas asociacións xuvenil e veciñal (AVV Monte do Gozo). Catedrático de Formación e Orientación Laboral no CIFP Politécnico de Santiago, é licenciado en Ciencias Económicas e en Administración e Dirección de Empresas. Ademais, é doutor en Integración Económica e Desenvolvemento Rexional pola USC, onde tamén foi profesor asociado no departamento de Organización de Empresas e Comercialización.

Pilar

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 09:59

Naceu en Santiago de Compostela. É licenciada en Filoloxía pola USC. Profesora de ensino secundario, bacharelato e EOI, tamén foi traballadora do grupo municipal BNG de Santiago e foi técnica de Comercio Rural en Galicia Calidade. É integrante da Executiva comarcal do BNG desde 2017 e foi membro do Consello local de 2010 a 2017. Forma parte da directiva de varias asociacións culturais.

Xesús Manuel

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 09:55

Protésico dental con laboratorio en Conxo desde 2003, do que é director técnico. Membro de diversas asociacións no eido do ecoloxismo e da defensa da lingua. Foi insubmiso ao servizo militar. Durante oito anos foi secretario do Colexio de Prótesico Dentais de Galiza. Tamén foi voceiro da Coordinadora de Plataformas de estafados/as polas preferentes e subordinadas en Galicia. É membro de Composcleta, unha asociación que promove o uso da bicicleta como medio de transporte urbano.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357