Manuel

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 10:04

Veciño do barrio de Santa Marta, aínda que con orixes no de San Lázaro, onde se criou e formou parte das xuntas directivas das súas asociacións xuvenil e veciñal (AVV Monte do Gozo). Catedrático de Formación e Orientación Laboral no CIFP Politécnico de Santiago, é licenciado en Ciencias Económicas e en Administración e Dirección de Empresas. Ademais, é doutor en Integración Económica e Desenvolvemento Rexional pola USC, onde tamén foi profesor asociado no departamento de Organización de Empresas e Comercialización.

Pilar

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 09:59

Naceu en Santiago de Compostela. É licenciada en Filoloxía pola USC. Profesora de ensino secundario, bacharelato e EOI, tamén foi traballadora do grupo municipal BNG de Santiago e foi técnica de Comercio Rural en Galicia Calidade. É integrante da Executiva comarcal do BNG desde 2017 e foi membro do Consello local de 2010 a 2017. Forma parte da directiva de varias asociacións culturais.

Xesús Manuel

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 09:55

Protésico dental con laboratorio en Conxo desde 2003, do que é director técnico. Membro de diversas asociacións no eido do ecoloxismo e da defensa da lingua. Foi insubmiso ao servizo militar. Durante oito anos foi secretario do Colexio de Prótesico Dentais de Galiza. Tamén foi voceiro da Coordinadora de Plataformas de estafados/as polas preferentes e subordinadas en Galicia. É membro de Composcleta, unha asociación que promove o uso da bicicleta como medio de transporte urbano.

Míriam

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 09:39

Naceu en Santiago de Compostela en 1983, é veciña do barrio de San Lázaro e ten dous fillos. Licenciada en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual, ambas pola USC, traballou no período 2011-2023 como responsable de comunicación no Auditorio de Galicia, organismo que xestiona o Departamento de Cultura do Concello de Santiago. Con anterioridade foi a responsable de comunicación do grupo municipal do BNG en Compostela e na actualidade está no seu Consello Local.

María Rozas

Submitted by deweloper on Fri, 17/11/2023 - 08:52

Naceu en Santiago en 1981. Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola USC, con Máster de Estratexias, Axentes e Políticas de Cooperación ao Desenvolvemento polo Instituto HEGOA. A súa traxectoria profesional está vinculada á consultoría de xestión económica e patrimonial para Administracións Públicas, e foi voluntaria en varias ONGD’s e participante de movementos feministas. Foi concelleira de Economía, Facenda e Administración en Santiago no período 2015-2019

Pleno

Pleno 2023

O Pleno é o órgano de máxima representación política da cidadanía dentro do goberno municipal e está constituído polo alcalde e os concelleiros (é precisamente á alcaldesa a quen lle corresponde convocar e presidir as sesións plenarias aínda que pode delegar nalgún dos concelleiros).

Enlaces

Xunta de Goberno

Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno é o órgano municipal que colabora, de xeito colexiado, na función de dirección política que lle corresponde ao/á alcalde/sa, que é ademais o/a seu presidente/a e o encargado/a de nomear os seus membros. 

Os membros da Xunta de Goberno deben ser concelleiros/as. Entre os membros da Xunta, o seu presidente/a, o alcalde/sa, é quen nomea o secretario/a. 

Enlaces

Museo do Pobo Galego

O Padroado Museo do Pobo Galego constituíuse na cidade de Santiago de Compostela co fin de investigar, estudiar, difundir, conservar, defender e promover a cultura popular, especialmente referida a Galicia e, concretamente, para a creación dun museo que recollera as mostras do galego nese campo da actividade humana.

O inmoble no que se sitúa o museo é de propiedade municipal. Por acordo plenario do 21 de febreiro de 1977 cedeuse o uso das dependencias do inmoble municipal de San Domingos de Bonaval para sede do Museo do Pobo Galego, por un período de 50 anos.

Fundación Granell

É unha fundación de interese galego, carácter privado e permanente, que ten como fins primordiais:

  • A creación e mantemento do Museo Eugenio Granell na cidade de Santiago de Compostela.
  • A fomento do estudo e difusión da obra de Eugenio Granell.
  • A promoción e a divulgación de todas as manifestacións artísticas do movemento surrealista e doutras correntes artísticas afíns.
  • A divulgación, investigación e estudo de manifestacións artísticas étnicas.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357